é unha asociación sen ánimo de lucro e con iniciativa social que pretende mellorar a calidade de vida das persoas con problemas graves de saúde mental a través da súa inclusión no mercado laboral.
Apostamos firmemente pola creación de emprego a través de iniciativas de Economía Social centradas no sector agroecolóxico, conformando así un proxecto ecosocial.
Avoa Hortensia e Xema e Clara son as nosas dúas primeiras iniciativas
coas que convidamos a toda a sociedade civil a participar do cambio, demostrando que outro modelo de consumo é posíbel.
Menos dun 18% das persoas con problemas de saúde mental graves traballan
A problemática
Só dun 5% a un 18% das persoas con problemas de Saúde Mental graves traballan, a peor cifra de todos os grupos de discapacidade.
Os motivos son multifactoriais, abarcan problemas de saúde, barreiras socias, sendo o estigma o principal factor, abarcando a todas as capas sociais: civís, empresariais, políticas e sociosanitarias.
Todo isto asentando nun sistema socioeconómico onde as persoas son un simple medio para lograr o seu principal obxectivo, que non é outro que o lucro polo lucro.
Principios
Consideramos que é necesario asentar a solución ao problema en base aos seguintes principios
1. Emprego
O primeiro paso é a creación de emprego, priorízase por enriba das estratexias máis asistencialistas e/ou sanitarias.
2. Empresa social
O obxectivo principal non é únicamente a empresa “ordinaria”. Un problema de Xustiza Social resólvese poñendo ás persoas en primeiro plano, como un fin, e á Economía como un medio, cremos que isto se pode conseguir de forma máis coherente mediante as Empresas Sociais.
3. Visibilidade
Ademais de emprego, visible: a día de hoxe non é suficiente con crear emprego, a actividade económica ten que ter visibilidade, marca recoñecida e recoñecible.
Esta estratexia potencia substancialmente a capacidade de loita contra o estigma social, aumenta a autoestima dos traballadores, e dota ao traballo dun maior sentido.