Damos resposta ás dúbidas máis frecuentes sobre o funcionamento de Entrelampeiras.
Se precissas máis información ou aclarar algún detalle, non dubides en poñerte directamente en contacto con nós.
Na nosa horta cultivamos verdura de temporada, a maioría delas serán recollidas o mesmo día da entrega.
Durante o ano teremos chícharos, leitugas, escarola, cabaciña, tirabeque, cogombro, brócoli, tomates variados, pementos, xudía, bimi, kale, acelga, verza, remolacha, lombarda, pataca, cenoria, cebola, porro, espinaca, mostaza, rúcula, nabiza, grelo, repolo, cabaza, coliflor, pataca doce…
Todos os nosos produtos son ecolóxicos con certificación do CRAEGA.
Recibirás na túa casa unha cesta de verduras e/ou ovos quincenalmente, formando parte de un proxecto ecosocial por un comercio xusto na túa zona:
- Calidade: recibe sempre produtos de temporada de proximidade, ecolóxicos, frescos e de calidade.
- Comodidade: recibe os nosos produtos automaticamente na casa.
- Compromiso social: somos un centro especial de emprego sen ánimo de lucro. Coa túa subscrición estarás axudando á creación de emprego e inclusión laboral de persoas con problemas de saúde mental graves.
Actualmente facemos entregas nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Teo, e Brión.
Se vives noutra zona con un CP que non cubrimos, non é posible contratar a subscrición actualmente, pero se o desexas podes anotarte na lista de espera por se nalgún momento aumentamos a nosa zona de entrega.
As entregas serán en horario de tarde, os luns para Ames, Teo, e Brión, os mércores para Compostela.
Comproba aquí se o teu CP está dentro da nosa zona de reparto.
Podes subscribirte a Avoa Hortensia e recibirás quincenalmente unha cesta de verduras con produtos da nosa horta na túa casa.
Tamén podes subscribirte a Xema&Clara (próximamente dispoñible) e recibirás quincenalmente 2 ducias de ovos ecolóxicos no teu domicilio.
Ou se o prefires podes subscribirte a ambas cousas e recibirás quincenalmente unha cesta de verduras e unha ducia (ou máis se o desexas) de ovos ecolóxicos.
Quincenalmente.
En función do grupo de reparto ao que se che asigne, recibirás o 1º envío cando che toque, e posteriormente será sempre cada 2 semanas.
Co plan básico podes deter/cancelar a túa subscrición cando queiras a partir da 2º entrega.
Co plan entrelampeira tes unha permanencia de 12 meses e durante ese período non poderás deter/cancelar a túa subscrición. Como contrapartida, desfrutarás dun 5% de desconto, a posibilidade de cambiar 3 produtos da cesta en cada envío, e unha cesta gratis ao ano.
Básico
- Sen permanencia (só é necesario cumprir as 2 primeiras entregas, e a partir de aí podes deter/cancelar a túa subscrición en calquera momento)
- Sen 5% de desconto en cada envío
- Sen posibilidade de cambiar 3 produtos da cesta en cada envío
Entrelampeira
- Permanencia de 12 meses (Durante ese período non poderás deter/cancelar a túa subscrición)
- 5% de desconto en cada envío + 1 cesta gratis ao ano
- Posibilidade de cambiar 3 produtos da cesta en cada envío
Co plan básico, se queres seguir recibindo a túa subscrición non tes que facer nada. Mentres non nos indiques que queres deter/cancelar a túa subscrición, a mesma seguirá activa.
En calquera momento podes decidir detela ou cancelala, a decisión é túa, pero recorda que premiamos a lealdade, e se realizas 20 pedidos/ano o seguinte será gratis.
Co plan Entrelampeira, a permanencia de 12 meses renóvase automaticamente por 12 meses máis.
Antes de que venza a permanencia e a mesma se autorrenove, enviarémosche un correo electrónico para avisarte, e terás as seguintes opcións:
- Se queres seguir beneficiándote dun 5% de desconto e a posibilidade de cambiar 3 produtos da cesta en cada envío, non terás que facer nada, a túa subscrición autorrenovarase automaticamente.
- Se desexas cambiar ao plan básico poderás facelo nese momento, e unha vez se acabe a túa permanencia aplicaránseche as condicións do plan básico.
- Se desexas deixar de recibir a túa subscrición, sempre podes deter/cancelar a túa subscrición en calquera momento, e pasado o prazo de permanencia, se a túa conta está detida/cancelada, non che enviaremos nin cobraremos máis pedidos.
Si, premiamos túa lealdade. Realiza 20 envíos/ano, e o seguinte pedido será gratis.
Esta vantaxe é independente de se contrataches o plan básico (permanencia 2 entregas) ou o plan avanzado (permanencia de 12 meses).
Os prezos das cestas mantéñense estables dentro das diferentes épocas de cultivo. Aínda que pode haber variacións dependendo da produción.
Como orientación xeral, os prezos do último ano oscilaron no rango de 18-23 €, sen IVA, que actualmente é o 0%.
Poderás pagar con tarxeta de crédito ou débito. NON se admiten tarxetas temporais nin virtuais.
Cando te des de alta por primeira vez, cobraranse os dous primeiros envíos no momento da alta da subscrición. O resto de pagos cargaránseche na túa tarxeta de crédito cada vez que recibas o teu pedido.
Se detés/cancelas a túa subscrición non se che cobrará nada mentres non volvas a activar túa subscrición.
Se o donas ou lla regalas a un familiar ou amigo cobraráseche igualmente.
Se non estás no teu domicilio a tarde da entrega deberás indicarnos onde o como podemos entregar a cesta. Hai infinitas posibilidades: nun sitio concreto da túa casa, chamando a algún veciño/a, na porta do teu piso se nos abre alguén o portal, nun local próximo de confianza… Tamén existe a posibilidade de pasar a pola cesta nas nosas instalacións de Marrozos.
Poderás indicarnos este cambio no apartado “Comentarios”, entrando na túa conta cando recibas o aviso de prepedido. Este cambio deberá ser antes das 12h do día anterior á entrega.
Se por algún motivo de urxencia necesitas comunicárnolo o mesmo día da entrega terás que enviarnos un WhatsApp ao noso número de teléfono: 624 442 663.
Cando non esteas, por vacacións ou por calquera outro motivo, podes facer 3 cousas:
- Deter a túa subscrición (sempre que non esteas en período de permanencia). Neste caso non recibirás o teu pedido e tampouco se che cobrará.
- Doar o teu envío. O mesmo cobraráseche pero nós doarémosllo a familias e persoas en risco de exclusión social na Casa Reitoral de Marrozos.
- Regalar a un familiar ou amigo. Cobraráseche o envío, pero enviaráselle á dirección que nos indiques, sempre que estea dentro da nosa zona de reparto (Santiago de Compostela, Ames, Teo, o Brión).
Co plan básico (permanencia de 2 entregas) podes deter/cancelar a túa subscrición cando queiras, pero mínimo teránseche cobrado as dúas primeiras entregas.
Co plan Entrelampeira (permanencia de 12 meses) podes deter/cancelar a túa subscrición en calquera momento, pero non será efectiva ata que finalice a túa permanencia.
Tres días antes recibirás un correo electrónico con información sobre o seguinte pedido, poderás cancelar/deter a subscrición ata as 12h do día anterior ao da entrega, a partir desta hora xa non é posible deter ou cancelar o pedido.
A túa praza quedará reservada un máximo de dous meses. No caso de regresar despois dese prazo teremos que reconfirmar se hai dispoñibilidade ou se entras en lista de espera.
Para reiniciar a túa subscrición deberás entrar na túa conta e reactivala, se o fas antes das 12h do día anterior ao da túa entrega recibirás o pedido.
Recorda que se estiveches máis de dous meses en pausa teremos que confirmarche previamente se hai dispoñibilidade.
Se vas a estar ausente polo motivo que sexa (vacacións, traballo, enfermidade, …) e non podes recibir algún pedido, podes doalo a familias e persoas en risco de exclusión social na Casa Reitoral de Marrozos.
Para doalo accede á Miña conta e selecciona a opción de doar. Cando a marques quedará activa esta opción ata que volvas a desmarcala cando queiras, este cambio deberás facelo antes das 12h do día anterior á entrega.
Se vas a estar ausente polo motivo que sexa (vacacións, traballo, enfermidade…) e non podes recibir algún pedido, podes regalarllo a un familiar ou amigo sempre que a nova dirección de envío estea dentro da nosa zona de entrega.
Para regalar a túa cesta, accede á Miña conta e establece como dirección predeterminada a nova dirección que desexes. Poderás cambiar a dirección predeterminada novamente cando queiras. Este cambio deberás facelo antes das 12h do día anterior á entrega.
Só podes cambiar produtos da túa cesta se estás subscrito ao plan Entrelampeira (12 meses de permanencia).
Se cando che mandemos o prepedido ves algún produto que non che gusta ou non desexas recibir, poderás indicarnos hasta 3 produtos que che gustaría cambiar, e nós substituirémolos por máis cantidade do resto de produtos da cesta para compensar.
A forma de indicárnolo é no campo “Comentarios” que terás no teu prepedido. Este cambio deberás facelo antes das 12h do día anterior á entrega.
Realizamos envíos á túa dirección
O teu código postal está incluído dentro da nosa zona de reparto. Podes subscribirte aos nosos envíos.
SubscribirmeLista de espera
Podes completar o seguinte formulario para notificarnos o teu interese e ser engadido a unha lista de espera. Se existen varios interesados na zona na que te encontras, valoraremos dar servizo na mesma e avisarémoste para que sexas o primeiro en sabelo.
Moitas grazas polo interese.